Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 191, do 6 de outubro de 2023, publicouse a Orde do 2 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao desenvolvemento de áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías (AESP) na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para as anualidades 2023 e 2024 (código de procedemento IF313A).
Segundo. O crédito previsto para a concesión das axudas, de acordo co establecido no artigo 2 da dita orde, foi o seguinte:
Aplicación |
Anualidade 2023 |
Anualidade 2024 |
Total |
09.02.512A.770.0 |
50.000 € |
350.000 € |
400.000 € |
09.02.512A.780.1 |
0 € |
100.000 € |
100.000 € |
Total |
50.000 € |
450.000 € |
500.000 € |
Terceiro. Segundo o disposto no artigo 27 da Orde do 2 de outubro de 2023, en cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade debe darlles publicidade no Diario Oficial de Galicia ás subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria.
En consecuencia, de acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Publicar como anexo a relación das subvencións que se concederon ao abeiro da Orde do 2 de outubro de 2023.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2024
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Disposición adicional primeira da Orde do 2.10.2023;
DOG núm. 191, do 6 de outubro)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade
ANEXO
Número |
Persoa solicitante |
NIF |
Importe total |
Aplicación orzamentaria |
IF313A-004 |
Raúl Barral Méndez |
***1429** |
120.000 € |
09.02.512A.770.0 |
IF313A-003 |
Alfoz Trailer, S.L. |
B70576723 |
120.000 € |
09.02.512A.770.0 |
IF313A-001 |
Estación de Servicio Teiraboa, S.L. |
B15522642 |
64.000 € |
09.02.512A.770.0 |
Total |
304.000,00 € |
09.02.512A.770.0 |