DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13861

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 1 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 1 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Convocar, para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición, as persoas aspirantes que a seguir se relacionan e que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 3 ou do título equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

DNI

Nome

***2582**

Alcaraz Oliver, José María

***2924**

Carballo Costa, María Nieves

***5855**

Da Silva de Paiva, Valeria

***2030**

Gil Carbajal, Marta

***9049**

González Tesouro, Alejandro

***2798**

Jiménez López, Agustín

***2480**

Muñoz Quintana, Francisco Nicolás

***9363**

Vázquez Torres, María del Mar

Segundo. De conformidade coa base II.1.1.3, este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 22 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

O exercicio constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O exercicio terá unha duración de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. O tribunal determinou como criterio de superación do exercicio a acreditación do nivel de coñecemento da lingua galega correspondente ao Celga 3 (Marco común europeo de referencia para as linguas).

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da Orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal