DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13863

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2024 o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas de realizar o terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024

Cristina Rubal González
Presidenta do tribunal

ANEXO

Posición

DNI

Apelidos e nome

Quenda

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Puntuación final

1

***8295**

Alonso Cerdeiras, María del Rosario

Acceso libre

29,03

45

Exenta

74,03

2

***0202**

Martínez Bermúdez, Beatriz

Acceso libre

34,17

32,33

Exenta

66,50

3

***9266**

Miguélez García, Iria

Acceso libre

28,27

35,42

Exenta

63,69

4

***8809**

Sanmartín Cardama, Maite

Acceso libre

25

33,75

Exenta

58,75

5

***0460**

Mouzo López, Silvia

Acceso libre

25,65

31,42

Exenta

57,07

6

***0013**

Rodeiro Servia, María Dolores

Acceso libre

30,34

25,42

Exenta

55,76