DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13865

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 2 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do segundo exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que a continuación se relacionan, que, de acordo co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

NIF

Nome

***0396**

Ceide Calviño, Yolanda

***6914**

Dasilva Martínez, Patricia

***0983**

Fernández Lareo, María Cristina

***6642**

García Lodeiro, María José

***7576**

Jiménez Corcoles, Mercedes

***1873**

Rodríguez Rodríguez, María Sonia

***6967**

Vila Sobrino, Tatiana

O exercicio constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O exercicio terá una duración de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel de Celga requirido no proceso selectivo.

Segundo. Que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 22 de febreiro de 2024, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que poida valerse a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024

Encarnación Díaz Martínez
Presidenta do tribunal