DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Viernes, 16 de febrero de 2024 Pág. 13764

III. Otras disposiciones

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades

RESOLUCIÓN de 6 de febrero de 2024, de la Secretaría General de Política Lingüística, por la que se anuncia, con carácter voluntario y gratuito, la convocatoria de cursos de lengua gallega preparatorios de las pruebas para obtener los certificados de lengua gallega Celga 2, Celga 3 y Celga 4.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, de acordo co que establecen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, dispón que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con isto, recoñécelle á cidadanía o dereito de coñecelo e de usalo, pero non estaría garantido ese dereito se a cidadanía non tivese a posibilidade de mellorar o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia.

O Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 21 de setembro de 2004, contén, entre outras, varias medidas dirixidas ás persoas adultas e ao resto da sociedade encamiñadas a renovar a política lingüística con respecto ao uso do galego, adecuándoa aos tempos actuais, co fin de equilibrar unha situación social de desigualdade entre o castelán e o galego, o que exixe medidas favorables a este último para alcanzar ese equilibrio.

O Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, atribúelle a esta as competencias e funcións en materia de promoción e ensino da lingua galega, así como a dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia. Dentro da estrutura da consellería, consonte o disposto no devandito decreto, é a Secretaría Xeral de Política Lingüística o órgano encargado de executar aquelas accións necesarias para desenvolver as competencias sobre política lingüística atribuídas á consellería. En particular, de acordo co artigo 9.1.i) do citado decreto, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten atribuída a competencia para convocar e administrar as probas e expedir os certificados de coñecemento do galego.

Por todo iso,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4, que se indican nos anexos I (cursos presenciais) e II (cursos en liña).

Segundo. Persoas destinatarias

1. Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

2. Para conseguir un rendemento adecuado dos cursos, hai que procurar a homoxeneidade dos coñecementos do alumnado. Polo tanto, ao solicitar o curso dun determinado nivel Celga, a persoa interesada deberá ter en conta a definición de contidos correspondente a ese nivel prevista na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo de 2007 (corrección de erros no DOG núm. 178, do 13 de setembro).

Terceiro. Solicitudes, proba previa de nivel e prazo de inscrición

1. As persoas interesadas en inscribirse nos cursos, presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras acceder á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.

Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición.

2. Co fin de acadar o rendemento adecuado do curso, conforme o punto segundo, parágrafo 2, desta resolución, ao seleccionar a persoa interesada aquel no que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega. Só haberá un intento por cada nivel. O resultado positivo da proba actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso cando o número destas sexa menor ca o de solicitantes. As persoas que non superen a proba poderán igualmente inscribirse no curso, ben que non terán preferencia na asignación das prazas.

3. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario, quedará automaticamente excluída do proceso de selección. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes tamén dará lugar á exclusión automática, así como a presentación de solicitudes fóra de prazo.

4. As persoas solicitantes dun curso en liña, deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet (de banda larga).

– Un navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox).

– Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.

– Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).

5. No caso daquelas persoas con necesidades educativas especiais que precisen apoio para realizar un curso presencial, indicarán na súa solicitude de inscrición o apoio concreto que necesitan, cuxa concesión será valorada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

6. O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Asignación das prazas

1. Todos os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá autorizar expresamente a realización de cursos que non acaden o número mínimo de participantes ou aumentar o número de edicións dun curso ou cursos que teñan unha demanda moi superior ao número máximo de participantes. Así mesmo, por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, poderá converter un curso presencial nun curso en liña.

2. Se un curso ten máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro. Este sorteo consistirá na obtención sucesiva de números ao azar coa execución dunha rutina informática aleatoria. A partir da relación de persoas que superaron a proba de nivel correspondente ao curso solicitado, obterase nun primeiro sorteo a listaxe do alumnado e mais a listaxe de agarda. No caso de que aínda queden prazas por cubrir nalgunha destas listaxes, farase un segundo sorteo entre as persoas que non superaron a proba de nivel correspondente ao curso solicitado. Polo tanto, a orde de entrada das solicitudes de inscrición será indiferente.

O sorteo realizarase en acto público, o día 21 de marzo, ás 11.00 horas, no salón de actos da sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística (rúa de San Roque, 2, Santiago de Compostela). Posteriormente, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web (https://www.lingua.gal) a listaxe do alumnado seleccionado para participar en cada curso, así como a listaxe de agarda correspondente. Así mesmo, as persoas solicitantes recibirán na súa conta de correo electrónico un aviso que lles comunicará se foron ou non seleccionadas ou se figuran na listaxe de agarda.

Quinto. Documentación no caso do alumnado con necesidades educativas especiais

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado que presente necesidades educativas especiais e que solicitase apoio para realizar un curso presencial, deberá presentar, antes do inicio deste, a seguinte documentación:

– Certificado de discapacidade se este foi expedido por unha Administración distinta da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Se se trata dunha copia electrónica, a Secretaría Xeral de Política Lingüística poderalles solicitar a presentación dos documentos orixinais para o seu cotexo.

Sexto. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– Certificado de discapacidade expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de solicitar apoio para realizar un curso presencial.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente na solicitude de inscrición e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Sétimo. Asistencia

1. Nos cursos presenciais, realizarase un control da asistencia das persoas matriculadas. O alumnado que non asista a ningunha clase durante os tres primeiros días será automaticamente dado de baixa. Ao longo do curso, se algún alumno ou alumna altera o normal desenvolvemento deste, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, tras recibir o informe correspondente do profesorado e darlle audiencia á persoa interesada, poderá proceder á súa expulsión.

Nos cursos en liña, levarase un rexistro de acceso á plataforma, así como das tarefas realizadas polas persoas matriculadas. O alumnado que non acceda á plataforma durante os tres primeiros días e que non realice durante a primeira semana polo menos a metade das tarefas da primeira unidade didáctica indicadas polo titor ou titora será automaticamente dado de baixa.

As prazas que puidesen quedar vacantes por estas baixas do alumnado, deberán ofrecérselles, por orde, ás persoas da listaxe de agarda ata completar, se é posible, o número máximo de prazas ofertadas.

2. Nos cursos presenciais, o alumnado que non asista polo menos á metade do número total de clases non poderá participar na próxima convocatoria destes cursos e, de presentar unha solicitude de inscrición, esta quedará automaticamente excluída.

No cursos en liña, o alumnado que non realice polo menos a metade do número total das tarefas indicadas polo titor ou titora non poderá participar na próxima convocatoria destes cursos e, de presentar unha solicitude de inscrición, esta quedará automaticamente excluída.

Oitavo. Duración

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves. No caso de suspenderse algunha sesión por coincidir cunha festividade local ou por outra circunstancia, esta recuperarase ao longo do curso.

Noveno. Contido

Os cursos axustaranse aos obxectivos, ao programa e ao contido curricular establecidos para cada un dos niveis Celga sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no referente á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, de conformidade coa disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. Do mesmo xeito, coidarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 da citada lei.

A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga).

Décimo. Recurso contra a resolución de convocatoria dos cursos

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, todas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de febrero de 2024

Valentín García Gómez
Secretario general de Política Lingüística

ANEXO I

Programación de cursos Celga presenciales

Provincia de A Coruña

Localidad

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Coruña, A

Lugar: IES Eusebio da Guarda

Pza. de Pontevedra, 20

Fechas: del 1.4.2024 al 16.5.2024

Horario: de lunes a jueves, de las 18.30 a las 21.00 h

Núm. de plazas: 30

Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez Calle Cabaleiros, 1

Fechas: del 1.4.2024 al 16.5.2024

Horario: de lunes a jueves, de las 18.30 a las 21.00 h

Núm. de plazas: 30

Ferrol

Lugar: IES Concepción Arenal

Calle Cuntis, s/n

Fechas: del 1.4.2024 al 16.5.2024

Horario: de lunes a jueves, de las 18.30 a las 21.00 h

Núm. de plazas: 30

Santiago de Compostela

Lugar: IES Arcebispo Xelmírez I

Calle Poza de Bar, s/n

Fechas: del 1.4.2024 al 16.5.2024

Horario: de lunes a jueves, de las 18.30 a las 21.00 h

Núm. de plazas: 30

Provincia de Lugo

Localidad

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Lugo

Lugar: IES Lucus Augusti

Avda. Rodríguez Mourelo, s/n

Fechas: del 1.4.2024 al 16.5.2024

Horario: de lunes a jueves, de las 18.00 a las 20.30 h

Núm. de plazas: 30

Provincia de Ourense

Localidad

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Ourense

Lugar: IES Eduardo Blanco Amor Calle Vicente Risco, 13

Fechas: del 1.4.2024 al 16.5.2024

Horario: de lunes a jueves, de las 18.00 a las 20.30 h

Núm. de plazas: 30

Lugar: IES Eduardo Blanco Amor

Rúa Vicente Risco, 13

Fechas: del 1.4.2024 al 16.5.2024

Horario: de lunes a jueves, de las 18.00 a las 20.30 h

Núm. de plazas: 30

Provincia de Pontevedra

Localidad

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Pontevedra

Lugar: IES Frei Martín Sarmiento

Avenida de Vigo, 23

Fechas: del 1.4.2024 al 16.5.2024

Horario: de lunes a jueves, de las 19.00 a las 21.30 h

Núm. de plazas: 30

Vigo

Lugar: IES Ricardo Mella

Carretera vieja de Madrid, 177

Fechas: del 1.4.2024 al 16.5.2024

Horario: de lunes a jueves, de las 19.00 a las 21.30 h

Núm. de plazas: 30

ANEXO II

Programación de cursos Celga en línea

Curso

Núm. de plazas

Fechas

Celga 2: 7 ediciones

210

Del 1.4.2024 al 16.5.2024

Celga 3: 7 ediciones

210

Del 1.4.2024 al 16.5.2024

Celga 4: 17 ediciones

510

Del 1.4.2024 al 16.5.2024