DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13926

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO de convocatoria do posto de técnico/a económico/a pola quenda de promoción interna.

De conformidade con establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente ás prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, procédese á convocatoria do proceso de selección para o posto de técnico/a económico/a pola quenda de promoción interna.

O procedemento rexerase polas bases da convocatoria ás cales se pode acceder a través da páxina web www.sogama.gal

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O formulario de solicitude de participación e o contido no anexo I das bases.

A documentación que deberán presentar os candidatos é a que se recolle na base 2ª.II.

Cerceda, 26 de xaneiro de 2024

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.