DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14153

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 06.A3.733A.703.1, 06.A3.733A.730.1, 06.A3.733A.744.2, 06.A3.733A.762.1, 06.A3.733A.772.1 e 06.A3.733A.782.1, nas anualidades 2021-2022 e ás aplicacións orzamentarias 05.A3.733A.703.1, 05.A3.733A.730.1, 05.A3.733A.744.2, 05.A3.733A.762.1, 05.A3.733A.772.1 e 05.A3.733A.782.1 na anualidade 2023, ao abeiro da Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

Na web do Inega publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2021/ficha_aforro2021_0006.html

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia