DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14152

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 06.A3.733A.770.7, 06.A3.733A.781.7, 06.A3.733A.740.0 e 06.A3.733A.760.8, nas anualidades 2021-2022 e ás aplicacións orzamentarias 05.A3.733A.770.7, 05.A3.733A.781.7, 05.A3.733A.740.0 e 05.A3.733A.760.8, na anualidade 2023, ao abeiro da Resolución do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W).

Na web do Inega publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2021/ficha_
renovables2021_0006.html?idioma=gl

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia