DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14169

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Unha vez publicada a Resolución do 15 de decembro de 2023 que se cita na cabeceira (DOG núm. 243, do 26 de decembro), cómpre modificar os anexos que figuran nela para adaptalos á realidade dos postos existentes susceptibles de participar no proceso de funcionarización convocado, polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Incluír o seguinte código de posto:

Categoría 06

Educador/a. Profesor/a especial

NIF

Inicial
apelido 1

Inicial apelido 2

Inicial
nome

PSC994090136440078

***8704**

G

C

M

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública