DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14167

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024, do tribunal do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro e do 6 de febreiro de 2023, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 12 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución  do 13 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as alegacións formuladas ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.1.1 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, superaron o primeiro exercicio catro (4) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 15 puntos, así, fíxase en 103 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1.1 da convocatoria. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro e do 6 de febreiro de 2023, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Publicar a relación de persoas aspirantes que non acadan o número de respostas correctas necesarias para obter a puntuación mínima de 15 puntos, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base III.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

Natalia Crespo González
Presidenta do tribunal