DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14160

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG622A).

No Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 2, do 3 de xaneiro de 2024, publicouse a Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva.

No punto 6 do artigo 6, establecíase:

«6. O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de xaneiro de 2024, ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda (data da última factura), ata o final do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria».

Sendo que é constatable pola información recadada de anteriores convocatorias desta axuda que existe un gran número de solicitudes que inclúen accións de participación como expositor en feiras internacionais e eventos expositivos internacionais, e que a práctica habitual sexa que para a participación nas feiras e eventos se exixa o pagamento de anticipos en concepto de reserva con semanas ou meses de antelación, isto supón que, especialmente nas feiras que se van desenvolver nos primeiros meses do ano, as empresas deban incorrer en gastos previos ao 1 de xaneiro de 2024. Para evitar o prexuízo que suporía esta circunstancia, considérase necesario admitir como custos subvencionables para estes casos os gastos en concepto de reserva, así como os correspondentes ás reservas de viaxes e aloxamento que sexan efectuados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2024.

Na letra g) do punto 5 do artigo 18 (Xustificación da subvención), establecíase:

«g) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.3.b)1 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) No caso de gastos de viaxe: documentación para xustificar a orixe e o destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, ou billetes e/ou tíckets ou outra documentación que o xustifique).

3) No caso de gastos de aloxamento: documentación para xustificar o número de noitadas (bono de reserva de aloxamento ou factura de xeito que quede demostrada a data do aloxamento).

4) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo anexo IV-Informe de execución)».

Na letra h) do punto 5 do artigo 18 (Xustificación da subvención), establecíase:

«h) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.3.b)2 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) Os documentos citados no punto anterior 18.5.g)2 e 18.5.g)3 para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento.

3) Se é o caso: declaración responsable de que non se percibiu remuneración ou outra contraprestación económica como relator.

4) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo do anexo IV-Informe de execución)».

Na letra i) do punto 5 do artigo 18 (Xustificación da subvención), establecíase:

«i) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.3.b)3 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) Os documentos citados na letra g) para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento dos clientes, importadores, prescritores, etc. visitantes á sede da empresa en Galicia.

3) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo do anexo IV-Informe de execución)».

Tendo en conta, por unha parte, que na letra b)1. do punto 3 do artigo 6, indícanse 2 tipos de accións:

«b) 1. Nesta alínea inclúense:

– A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros (artigo 2.3).

– A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros non vinculados á empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente (artigo 2.4).

Non son subvencionables as visitas ás feiras ou aos eventos expositivos.

(...)»

E por outra parte, que na letra b)2 do punto 3 do artigo 6, refírense as seguintes accións:

«b) 2. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia de clientes, segundo a definición recollida no artigo 2.5) das bases.

(…)»

Obsérvase que, coa redacción actual das letras g), h) e i) do artigo 18.5, non queda reflectida correctamente a xustificación para as accións do artigo 6.3.b)1 e 6.3.b)2 e, ademais, faise referencia a un artigo inexistente (o 6.3.b)3). Como consecuencia, procedería a modificación da redacción das ditas letras e do anexo IV Informe de execución.

A presente modificación leva consigo a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes para garantir a eficacia da concorrencia competitiva e a ausencia de prexuízos a terceiros interesados.

Por todo o anterior, coa intención de mitigar os prexuízos ocasionados por estas circunstancias e apoiar os esforzos realizados polas empresas na súa internacionalización, e de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar a Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG622A), no seguinte sentido:

Un. O punto 6 do artigo 6, queda redactado do seguinte xeito:

«6. O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de xaneiro de 2024, ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda (data da última factura), ata o final do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2023 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2024».

Dous. A letra g) do punto 5 do artigo 18, queda redactada como segue:

«g) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.3.b)1 (-A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros (artigo 2.3), será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) No caso de gastos de viaxe: documentación para xustificar a orixe e o destino de cada traxecto e as datas (tarxetas de embarque de ida e volta, ou billetes e/ou tíckets ou outra documentación que o xustifique).

3) No caso de gastos de aloxamento: documentación para xustificar o número de noitadas (bono de reserva de aloxamento ou factura de xeito que quede demostrada a data do aloxamento).

4) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo anexo IV-Informe de execución)».

Tres. A letra h) do punto 5 do artigo 18, queda redactada do seguinte xeito:

«h) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.3.b)1 (Participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros non vinculados á empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente (artigo 2.4), será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) Os documentos citados no punto anterior 18.5.g)2 e 18.5.g)3 para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento.

3) Se é o caso: declaración responsable de que non se percibiu remuneración ou outra contraprestación económica como relator.

4) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo do anexo IV-Informe de execución)».

Catro. A letra i) do punto 5 do artigo 18, queda redactada do seguinte xeito:

«i) No caso de concesión de axuda para actuacións de promoción das referidas no artigo 6.3.b)2 será necesario achegar, ademais:

1) Informe de execución (segundo o modelo do anexo IV).

2) Os documentos citados na letra g) para a xustificación de gastos de viaxe e gastos de aloxamento dos clientes, importadores, prescritores, etc. visitantes á sede da empresa en Galicia.

3) Dossier fotográfico en que quede demostrada de forma fidedigna a realización da acción (incluído no modelo do anexo IV-Informe de execución)».

Cinco. O anexo IV Informe de execución, queda redactado como segue:

Na páxina 318 do DOG:

«(...)

• Accións do artigo 6.3.b).1. Participación noutros eventos expositivos internacionais no estranxeiro (no caso de participación en varios eventos, deberase presentar un informe de execución por cada evento).

(...)»

– Na páxina 321 do DOG:

«(...)

• Accións do artigo 6.3.b).1. Participación en feiras comerciais e/ou noutros eventos expositivos internacionais no estranxeiro (con carácter virtual):

(...)»

– Na páxina 322 do DOG:

«(...)

• Accións do artigo 6.3.b).2. Visitas presenciais á sede da empresa en Galicia (no caso de varias visitas, deberase presentar un informe de execución por cada unha).

(...)»

Artigo 2. Apertura de novo prazo de presentación de solicitudes

1. Procederá a apertura dun novo prazo de presentación das solicitudes que será dun mes desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

2. As empresas que teñan presentada unha solicitude e desexen incluír nos seus proxectos gastos de reserva previos ao 1 de xaneiro de 2024, deberán presentar unha nova solicitude. De acordo ao disposto no artigo 6.4 das bases reguladoras da axuda, no caso de presentar máis dunha solicitude, entenderase implícita a desistencia ou renuncia da anterior.

Artigo 3. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica