DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14979

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO das bases que regularán o proceso selectivo para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal, incluídas na oferta de emprego público do ano 2020.

Na Resolución de Alcaldía núm. 2024-0057, do 29 de xaneiro de 2024, aprobáronse as bases que regularán o proceso selectivo para cubrir as prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do ano 2020: unha praza de peón especialista por promoción interna.

O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal

Moaña, 30 de xaneiro de 2024

Leticia Santos Paz
Alcaldesa