No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 510/2023 (procedemento abreviado) interposto por Cristina Casanova Martínez contra a Resolución do 16 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se estiman parcialmente os recursos de reposición interpostos fronte a Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (categoría: facultativa/o especialista de área de Farmacia Hospitalaria) (DOG núm. 85, do 4 de maio).
A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de actividade investigadora-publicacións.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2024
Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos