DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15632

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de convocatoria para a estabilización do emprego temporal incluída na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

No BOPPO nº 228, do 29 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e no BOPPO nº 25, do 6 de febreiro de 2023 e no BOPPO nº 26, do 7 de febreiro de 2023 publicouse unha corrección de erros destas e publicáronse as bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Ribadumia, incluídas na oferta de emprego público extraordinario de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOPPO nº 95, do 19 de maio de 2022, e que a continuación se relacionan:

Denominación

Grupo

Nº prazas

Sistema selectivo

Relación

Auxiliar administrativo/a

C2

2

Concurso-oposición

Laboral

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases da convocatoria.

Ribadumia, 12 de febreiro de 2024

David José Castro Mougán
Alcalde