DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15704

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 16 de febreiro de 2024 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocado polas resolucións do 26 de abril de 2021 e do 12 de maio de 2021.

Mediante as resolucións do 26 de abril de 2021 e do 12 de maio de 2021, que se recollen no anexo I desta orde, convocáronse varios procesos de funcionarización.

Unha vez rematados os procesos antes indicados, procede ditar esta orde coa finalidade de regular varios aspectos derivados do cambio do vínculo xurídico coa Administración.

De conformidade co artigo 72 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o principio de simplificación administrativa, procede acordar unha única orde para regular as cuestións derivadas do cambio do vínculo xurídico das persoas afectadas polo dito proceso de funcionarización.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto regular o cambio do vínculo xurídico do persoal recollido no anexo II desta orde que superou o correspondente proceso de funcionarización.

2. Así mesmo, esta orde ten por obxecto regular o prazo de toma de posesión como persoal funcionario de carreira do dito persoal.

3. Finalmente, esta orde ten por obxecto regular outros aspectos ligados ao cambio do vínculo xurídico coa Administración do persoal que superou o dito proceso de funcionarización.

Artigo 2. Prazo para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico

O persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte o artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. A data de sinatura deste acordo de extinción será o 29 de febreiro de 2024.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Artigo 3. Prazo para o cambio do vínculo xurídico coa Administración

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de marzo de 2024.

Artigo 4. Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas, incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto

No caso de vacacións, permisos ou licenzas, o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo. Nos supostos de incapacidade temporal ou de incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.

Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.

Artigo 5. Efectos do incumprimento dos prazos

O incumprimento dos prazos antes indicados, agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola Dirección Xeral da Función Pública, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, mantendo a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes á dita condición.

Artigo 6. Excedencias

Segundo o establecido no artigo 8.2 do Decreto 165/2019, o/a traballador/a conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.

Artigo 7. Trienios

Segundo o artigo 9.3 do Decreto 165/2019, o persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto na nómina á marxe do complemento de funcionarización-persoal.

Percibiranse os trienios recoñecidos valorados na contía que corresponda ao corpo, subgrupo, escala ou especialidade do posto equivalente.

As diferenzas de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario percibiranse nun concepto na nómina nos termos recollidos no artigo seguinte.

O primeiro trienio que se perfeccione como funcionario non terá unha contía inferior ao que se percibiría como laboral.

Artigo 8. Complemento de funcionarización

Segundo o establecido no artigo 9.2 do Decreto 165/2019, a diferenza de retribucións entre a condición de persoal funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización.

Este complemento dividirase en dúas epígrafes:

Epígrafe a) funcionarización-persoal: comprende a diferenza de retribucións brutas anuais fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, percibidas como persoal laboral fixo, excluídos os complementos de antigüidade e demais complementos persoais, e as percibidas como persoal funcionario. Este complemento percibirase en doce (12) mensualidades. Este complemento non é compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que, con carácter xeral, establezan as correspondentes leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Epígrafe b) funcionarización-antigüidade: que recollerá a diferenza de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario. Este complemento percibirase en catorce (14) mensualidades e non será compensable nin absorbible.

Artigo 9. Consolidación do grao persoal

A consolidación do grao persoal realizarase de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Artigo 10. Persoal en adscrición temporal

O persoal que no momento da toma de posesión se encontre en adscrición temporal poderá continuar prestando servizos nese mesmo posto mediante unha comisión de servizos, sempre que o posto da adscrición temporal tamén sexa obxecto de transformación en posto de persoal funcionario.

Para tal efecto, a correspondente adscrición temporal transformarase en comisión de servizos sempre que a persoa interesada cumpra os requisitos para o seu desempeño, consonte o establecido no artigo 96 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Artigo 11. Compatibilidades

As persoas que, ao abeiro da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da toma de posesión, para solicitaren, ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, a compatibilidade conforme á nova condición, entendéndose prorrogada a compatibilidade ata que se dite a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto. 

Artigo 12. Mantemento das interinidades

Cando o persoal laboral fixo, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.

Artigo 13. Reducións de xornada

O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio do vínculo xurídico, teña concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez que se formalice o cambio.

Artigo 14. Modificación da convocatoria

Consonte o recollido na Orde do 27 de novembro de 2023 pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, o persoal laboral fixo da categoría I-21 (técnicos/as de protocolo), convocado para a funcionarización na escala de protocolo e relacións institucionais, pasa a funcionarizarse no corpo superior de Administración xeral, subgrupo A1, e o persoal laboral fixo das categorías II-8 (director/a de gardaría infantil) e II-40 (mestre/a especialista en educación infantil), convocados para a súa funcionarización na especialidade de educadores da escala de técnicos facultativos, pasa a funcionarizarse na especialidade de educador infantil, escala de técnicos facultativos, subgrupo A2.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Convocatorias dos procesos de funcionarización obxecto desta orde

Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 81, do 30.4.2021).

Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 81, do 30.4.2021).

Resolución do 12 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 94, do 21.5.2021).

ANEXO II

Persoal nomeado funcionario de carreira

As persoas que tomarán posesión como persoal funcionario de carreira, ao abeiro do establecido nesta orde, serán as que proveñen das categorías de persoal laboral que aquí se relacionan.

– Corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1.

Categoría 21 (Técnicos/as de protocolo).

Nome

NIF

Posto

Carácter

Picos Piñeiro, Nuria

***4524**

PX1010000115770100

Definitivo

– Corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, escala de expertos/as lingüistas.

Categoría 40 (Titulado/a superior lingüista).

Nome

NIF

Posto

Carácter

Ávarez Docampo, Xulio César

***0998**

PRC991000132001100

Definitivo

Carpente Leira, Flora

***5559**

PRC991000127001100

Definitivo

López Huete, Rocío

***4635**

PRC991000115001101

Definitivo

Pena Romay, José Antonio

***5553**

PRC030000115770100

Definitivo

Sobriño Pérez, María dos Anxos

***9583**

PRC991000136001100

Definitivo

– Corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2.

Categoría 01 (Director-administrador, director/a de centro social...) e categoría 21 (Monitor/a ocupacional..).

Nome

NIF

Posto

Carácter

Alonso Rodríguez, Rosa María

***7183**

PSC994050136050010

Definitivo

Castro Barreiro, Carlos Alberto

***4536**

PEC994030136560092

Definitivo

Domínguez Otero, Marta

***5232**

PX4994050136001110

Definitivo

Golpe Estévez, María Lourdes

***6350**

PSC991000027001600

Definitivo

Pérez Mariño, María Luisa

***4469**

PX4994050132570115

Definitivo

– Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2, escala técnica de restauración, especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos.

Categoría 31 (Restaurador/a).

Nome

NIF

Posto

Carácter

Carrera Nogueiras, Laura

***1041**

EDC995020115001030

Definitivo

Méndez Fernández, José Luis

***0034**

EDC995020132001020

Definitivo

Pérez Pérez, María Ángeles Carolina

***5148**

EDC995020127100020

Definitivo

– Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil.

Categoría 08 (Director/a de gardaría infantil) e categoría 40 (Mestre/a especialista en educación infantil).

Nome

NIF

Posto

Carácter

Pereira Temperán, María Luisa

***3642**

TRC994040115770004

Definitivo

Quindimil Gómez, Gustavo Manuel

***6228**

TRC994040415001001

Definitivo

Rodríguez Conde, José Manuel

***3425**

TRC994040232001001

Definitivo

Rodríguez Laviada, Clara

***6979**

TRC994040127650005

Definitivo

Rodríguez Prado, María Luz

***5971**

TRC994040227001004

Definitivo

San José Lado, María Teresa

***4855**

TRC994040215001001

Provisional

– Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral, escala de persoal subalterno.

Categoría 10E (Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos), categoría 12 (Peón/oa, laborante...) e categoría 02 (Axudante/a traballos ou oficios, axudante albanel...).

Nome

NIF

Posto

Carácter

Abeijón Muíños, Ramón

***1981**

PSC994080136170037

Definitivo

Acción Porto, Juan Alberto

***5982**

EDC994020415001014

Definitivo

Alonso Conde, Luis

***3294**

PSC991000027001650

Definitivo

Álvarez Díaz, José

***5278**

PSC994070132700005

Definitivo

Anta Cruz, Avelino

***8160**

EDC995020132001037

Definitivo

Barros Olveira, Jaime

***8834**

PSC994070136560004

Definitivo

Blanco Santiago, José Antonio

***9328**

EIC991000036560560

Definitivo

Botana Budiño, Carmen

***6228**

EDC995020115001036

Definitivo

Briones Viceiro, Miguel Francisco

***0611**

PSC994070136440004

Definitivo

Búa Bahón, Eladio Benito

***4931**

EDC995020115770023

Definitivo

Caamaño Otero, Miguel Víctor

***9926**

EDC994080115300042

Definitivo

Caballero Otero, Rodolfo

***1034**

EDC995020127100048

Definitivo

Cañas Horro, María Reyes

***1561**

PRC030000115001161

Definitivo

Crujeiras Pérez, Encarnación

***5126**

EDC995020115001042

Definitivo

De la Fuente Jansa, Alberto

***8349**

PSC994070127500009

Definitivo

Díaz Martínez, José Luis

***6180**

SAC991000032001060

Definitivo

Fernández Álvarez, José Antonio

***2742**

PSC994070132320006

Definitivo

Fernández Castro, Ramón

***7188**

PSC994010115700001

Definitivo

Fernández Durán, María Esther

***6556**

PSC994070115280005

Definitivo

Fernández Magadán, José Luis

***2128**

PSC991000027001640

Definitivo

Fernández Vázquez, María Pilar

***4740**

EDC995020127100047

Definitivo

García España, Juan Carlos

***5774**

EDC995030132001037

Definitivo

Gómez Robles, Óscar

***7913**

EDC995020132001034

Definitivo

González Rodríguez, José Manuel

***7488**

PSC991000015001665

Definitivo

Goyanes García, José Ramón

***5878**

EDC995020115001044

Definitivo

Lois Rey, Beatriz

***9266**

EDC995020115001045

Definitivo

López Lence, María Luisa

***5157**

ED5010000315770171

Definitivo

López Mosquera, Isabel

***7402**

PRC020000515770601

Definitivo

López Vallo, Francisco Javier

***9002**

EDC995030115001060

Definitivo

Lorenzo Salamanca, Alberto

***6114**

PSC994080115770087

Provisional

Lorenzo Salgado, Leandro

***0311**

PRC020000515770600

Definitivo

Loureiro Conde, Jesús

***4880**

PSC994070336560008

Definitivo

Loureiro Gómez, Josefa

***0715**

EDC995020115001049

Definitivo

Martínez Crespo, María Inés

***0644**

TRC994040236001030

Definitivo

Miranda López, Juan Carlos

***8618**

EDC995020115001053

Definitivo

Miranda Montero, Alberto

***6430**

EDC994080115300038

Definitivo

Montemuíño Bretal, Miguel Ángel

***5292**

INO110020015001050

Definitivo

Mouriño Martínez, Sara

***5650**

MRA113000315010145

Definitivo

Muñiz González, Raquel

***8451**

EDC995020115770024

Definitivo

Paz Rodríguez, María Beatriz

***3045**

EDC994030115300021

Definitivo

Pena Barral, Alberto

***1556**

EDC994080115300045

Definitivo

Pérez Pérez, María José

***4358**

EDC995030136001030

Definitivo

Rego Gárate, Carlos Enrique

***3545**

EIC992090215350070

Definitivo

Regueira López, Mónica

***3427**

EDC995020127100045

Definitivo

Rioboo Lata, José

***5726**

PSC994070115520010

Definitivo

Rodríguez García, David

***8847**

EDC995020115001051

Definitivo

Rumbo Prado, Alberto Dennis

***6268**

EDC994080115300040

Definitivo

Rumbo Rodríguez, María Teresa

***8222**

EDC995020115001043

Definitivo

Sánchez Regueiro, Afonso

***9293**

EDC995020115001048

Definitivo

Sánchez Sánchez, María Luisa

***1281**

EDC995020115001034

Definitivo

Santos de los Santos, María Guadalupe

***9450**

EDC995020115001046

Definitivo

Sarmiento Fernández, Alfonso

***7132**

PSC994070115760004

Definitivo

Suárez Rodríguez, María Esther

***6986**

EDC995020115001047

Definitivo

Tobal Oubiña, Eva María

***9424**

EDC995020132680026

Definitivo

Valcárcel Fernández, Enrique

***5229**

PSC991000032001610

Definitivo

Varela Lago, Germán

***6792**

PSC994070436560008

Definitivo

Vázquez Longo, Marité

***3788**

EDC995020115001050

Definitivo

Vázquez Mouriño, Emilio José

***6771**

MRA112600315010250

Definitivo

Vega Caramés, María Florinda

***9841**

ED5010000315770170

Definitivo

Vidal Rodríguez, Dolores

***4764**

EDC995010136560035

Provisional

Vilanova Souto, Isidro

***8119**

PSC994070136440005

Definitivo

– Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade persoal de recursos naturais e forestais.

Categoría 08 (Peón/oa agrario) e categoría 10F (Peón/oa forestal).

Nome

NIF

Posto

Carácter

Abal Silva, Gonzalo

***1599**

MAC993019836110033

Definitivo

Acea Freire, Manuel

***5782**

MAC993031015680049

Definitivo

Arias Rodríguez, Horacio

***2165**

MAC993031027120020

Definitivo

Barcala Iglesias, María Soledad

***0298**

MRA113300336001160

Definitivo

Bello Espiñeira, Agustín

***6595**

MRC995510115190007

Definitivo

Cabaleiro Barroso, Vítor Xosé

***7506**

MAC994030236120031

Definitivo

Calvo Pérez, José

***5987**

MRA112900336480075

Definitivo

Cerviño García, Manuel

***9359**

MRA113300336001170

Definitivo

Cores Vieites, Juan José

***6565**

MRC995510115590012

Definitivo

Costa Fernández, Antonio Domingo

***4565**

MRC995510115190008

Definitivo

Costal Giráldez, Daniel

***6149**

MAC993017436420035

Definitivo

Currás Pérez, Rosa María

***0603**

MAC993031036540036

Definitivo

Diz Dios, Enrique

***1016**

MRA113300336001172

Definitivo

Duraes González, Gabriel

***2421**

MAC993031032420049

Definitivo

Fernández Cortizas, Juan Antonio

***4174**

MAC993031015680040

Definitivo

Fernández González, Tomás

***0723**

MAC993031032420055

Definitivo

Garea Gil, José Antonio

***1983**

MAC993016536170046

Definitivo

Iglesias Sánchez, Xosé Anxo

***9007**

MAC993003015580015

Provisional

Lago Martínez, Juan Carlos

***1584**

EDC994020136420042

Definitivo

López Vila, Óscar

***7266**

MAC994030127001037

Definitivo

Lorenzo Varela, Francisco Javier

***6659**

MRC995510115190005

Definitivo

Loureiro López, María Elena

***6640**

MAC993031015680039

Definitivo

Martínez Pérez, Roberto

***3562**

MAC993018036380006

Definitivo

Oliveira González, Perfecto

***4924**

MAC993031032420050

Definitivo

Pardo Casais, Jesús Luis

***5868**

MRA113300336001173

Definitivo

Paredes Otero, María del Rosario

***1188**

MAC993018036380007

Definitivo

Pérez Gaspar, Herminia

***5895**

MRA112900336480074

Definitivo

Pérez González, José

***6281**

MRC995510132570005

Definitivo

Prados Espeso, Marcos Antonio

***7470**

MAC993031015680050

Definitivo

Puga Cal, Emilia

***9827**

MRA113300336001168

Definitivo

Rodríguez Araújo, Noelia

***3298**

MAC993019036001008

Definitivo

Rodríguez Arosa, Margarita

***8081**

MAC994030136120034

Definitivo

Rodríguez Veiga, María Jesús

***0242**

MAC994030127001036

Definitivo

Saavedra Orro, Félix José

***8896**

MAC994030115570041

Definitivo

Varela Darriba, María Esther

***5380**

MAC994030127001035

Definitivo

Vázquez Fraga, Dolores

***8146**

MRA113300336001165

Definitivo

Vidal Ces, Eva

***6808**

MAC993031015720049

Definitivo