DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15715

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 12 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía (Diario Oficial de Galicia número 231, do 5 de decembro) convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado por Resolución do 1 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 231, do 5 de decembro) para cualificar o proceso extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía (Diario Oficial de Galicia núm. 231, do 5 de decembro) convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro)

ACORDOU:

Primeiro. En sesión que tivo lugar o día 7 de febreiro de 2024, ao abeiro do previsto na base II.1.1.1 da convocatoria, unha vez revisadas as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo, anúlanse as preguntas número 62, 64, 84, 95, 107 e 137 do cuestionario, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 123, 124, 125, 126, 127 e 171.

Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas nas preguntas 85 e 149, en que pasan a ser correctas as alternativas B e A, respectivamente.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán este primeiro exercicio as persoas aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de quince (15) puntos.

Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, por acordo deste tribunal do 4 de xaneiro de 2024, polo que se establecen os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio da fase de oposición, estableceuse que superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número de oito (8) persoas, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

O exercicio cualificarase de cero (0) a trinta (30) puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Asignarase a valoración de quince (15) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os cero (0) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Realizada a corrección na sesión que tivo lugar o 12 de febreiro, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 8 persoas aspirantes, e fixouse en 80 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1.1 da convocatoria, e que os aspirantes superasen, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50 % das respostas correctas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 20 de xaneiro de 2024, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía (Diario Oficial de Galicia núm. 231, do 5 de decembro) convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro), no portal web da Xunta de Galicia www.funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Sexto. De conformidade co disposto na base V.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

Eva Gloria Barbero Patiño
Presidenta do tribunal