DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15719

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 11 de outubro de 2023 (DOG núm. 200, do 20 de outubro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 58, sendo correcta a alternativa c); na pregunta número 69, sendo correcta a alternativa a); e na pregunta número 107, sendo correcta a alternativa d).

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superaron este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, por Resolución deste tribunal, do 24 de novembro de 2023, pola que se dá publicidade aos criterios para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de oito (8) persoas, sempre e cando acaden en cada un dos bloques ou partes do exercicio o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Unicamente de darse o caso de non completar o número de oito (8) persoas aprobadas, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de oito (8) persoas.

O criterio expresado de obtención neste primeiro exercicio dunha porcentaxe mínima de acertos en cada unha das dúas partes vén referido, respectivamente, á primeira parte de contido teórico (30 preguntas) e á segunda parte de contido teórico e práctico (110 preguntas).

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida de acordo cos criterios anteriores, considéranse igualmente aprobadas.

Cada resposta correcta equivale a unha unidade de puntuación, cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta e as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.

Terceiro. Feita a corrección en sesión do 25 de xaneiro de 2024, asígnase a valoración de 15 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada en cincueta e seis (56) respostas correctas, sempre que se acaden os mínimos fixados para as partes primeira (12 respostas correctas) e segunda (44 respostas correctas) do exercicio, sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 5 aspirantes.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria pero non superaron o exercicio e aos que se lles asignou unha puntuación de 0 a 15 puntos. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2024

Cristina Rubal González
Presidenta do tribunal