DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15693

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 10 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023 (código de procedemento BS508E).

A Consellería con competencias en materia de Política Social e Xuventude convocou, para o ano 2023, a través da Orde do 10 de xullo de 2023, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo).

Por medio da Orde do 13 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 10 de xullo de 2023, acordouse a modificación do prazo de xustificación das axudas obtidas, establecendo como data límite para a presentación da xustificación dos gastos o día 1 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 201, do 23 de outubro).

Mediante a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, publicase a Resolución do 27 de setembro de 2023 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 10 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro).

O artigo 23 da orde de convocatoria, logo da modificación introducida pola Orde do 13 de outubro de 2023, establece a data límite para a presentación da xustificación das actividades desenvoltas para o día 1 de decembro de 2023.

Así mesmo, nos números 2 e 3 do dito artigo 23 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 23.5 da dita orde establece que transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 20 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 9 de febreiro de 2024, en que se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 23.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación
xustificativa das axudas concedidas

Convocatoria: Orde do 10 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023 (código de procedemento BS508E).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 10 de xullo de 2023.

Data do acto: 9 de febreiro de 2024.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan, de conformidade co artigo 23.5 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Relación de expedientes:

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2023/001

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

– Memoria económica que reflicta a vinculación de cada gasto executado co proxecto subvencionado (art. 23.2.b)

– Documentación acreditativa do pagamento dos gastos de manutención e desprazamento ás persoas voluntarias (art. 23.2.d.2º)

– Información e ligazón ao sitio web con información do apoio obtido (art. 23.2.e)

– Anexo IV: achegar e completar a xustificación do pagamento de todas as facturas e nóminas que figuran, incluíndo os boletíns de cotización á Seguridade Social e o modelo 111 (art. 23.2.d)

2023/008

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

– Anexo IV: revisar a imputación do seguro de accidentes e das nóminas do persoal e achegar xustificantes do pagamento dos seguros sociais e do modelo 111 (art. 23.2.d)

– Ligazón ao sitio web con información do apoio obtido (art. 23.2.e)

– Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (art. 23.2.f)

– Anexo VIII (art. 23.2.g)