DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2022/339-1).

Expediente: IN407A 2022/339-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol na LMT SMR711 apoio AOJUGIAJ//43-A-2.

Concello: Narón.

Feitos:

1. O día 19.10.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de mellorar a calidade da subministración dos clientes alimentados pola rede de distribución en media tensión existente denominada SMR711 Campelo.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado instalación de telecontrol na LMT SMR711 apoio AOJUGIAJ//43-A-2, asinado o día 11.1.2022 (visado 22200042 do mesmo día) por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, nº de colexiado 4.684 de Vigo (CoitiVigo); e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña. Posteriormente, achegan un anexo asinado o 12.9.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº colexiado 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 8.5.2023.

• BOP: 20.4.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 28.4.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 21.6.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Narón e Tefefónica de España, S.A.U. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 2.2.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar do Carabuchal, parroquia de Trasancos, no concello de Narón, e as súas características técnicas son as seguintes:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SMR-711 de 15 kV autorizado no expediente 27.407, de 420,9 metros de lonxitude en condutor tipo LAC-28, comprendido entre os seus apoios nº 43-A-1 (matrícula AOKDNOFI) de formigón tipo AM-AG-HV-11/1B-Lira-CAI e nº 43-A-4 (matrícula AOD2HABP) de formigón tipo S-AL-HV-500/14-Lira-CSRIII, consistente en:

• Desconexión e desmontaxe dos elementos de protección e manobra tipo XS existentes no apoio nº 43-A-2 (matrícula AOJUGIAJ).

• Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15055A518017150000AZ, do antedito apoio nº 43-A-2 de formigón tipo AM-AG-HV-800/12-Lira-CAI-XS, polo novo apoio metálico tipo celosía AC-C-3000/14-C40R-CAIII, no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

• Desconexión, desmontaxe e retirada da zona de policía do Rego Casavella, do apoio nº 43-A-3 de formigón tipo S-AL-14/2A-Lira-CSRIII que se proxecta substituír nunha nova localización baixo a actual traza da liña SMR-711, polo novo apoio metálico tipo celosía AC-C-2000/16-H35-CAIII(CS).

• Instalación, tras a retirada do condutor LAC-28 existente, de novo condutor tipo LA-56 no novo van de 194,5 metros de lonxitude que se formará entre os novos apoios nº 43-A-2 e nº 43-A-3 proxectados.

• Retensado do condutor tipo LAC-28 (condutor existente) no van da liña SMR-711 de 64,1 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 43-A-1 existente e o novo apoio nº 43-A-2 proxectado.

• Retensado do condutor tipo LAC-28 (condutor existente) no van da liña SMR-711 de 141,9 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 43-A-3 proxectado e o apoio nº 43-A-4 existente.

4. Na visita de campo realizada o 24.1.2024 para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/200 para a constitución da servidume de paso.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 6 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol na LMT SMR-711-apoio AOJUGIAJ//43-A-2

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Narón

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Ramona Sueiras Doce

15055A518017150000AZ

Ruxida

Novo apoio nº 43-A-2

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

2

Pura Fernández Carballo

15055A518017200000AH

Cortiña

Novo apoio nº 43-A-3 (½)

1

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

3

María Juana Cipriana Carballal López

001800300NJ62A0001AP

O Carabuchal

Novo apoio nº 43-A-3 (½)

1

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías