DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16422

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas Fontesalgueira

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral ordinaria.

O que subscribe, Juan Carlos Rego Sampedro, veciño do lugar da Agra, na parroquia de Xuño, concello de Porto do Son, por este anuncio convoco á xunta xeral ordinaria a todos os usuarios de augas, da Comunidade de Usuarios de Augas Fontesalgueira, que terá lugar o 2 de marzo de 2024, ás 17.00 e ás 17.30 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no local da asociación de veciños Sartaxas, coa seguinte

Orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Estado de contas.

3. Estado de mantemento.

4. Autorización á Xunta Directiva para o trámite de subvencións aos distintos organismos.

5. Rogos e preguntas.

Xuño, 6 de febreiro de 2024

Juan Carlos Rego Sampedro
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas Fontesalgueira