DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16421

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO de provisión dunha vacante de académica/o de número na Sección de Música.

A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión dunha vacante de académica/o de número na Sección de Música. Para ocupar esta praza será elixida unha persoa que dese a coñecer os seus méritos artísticos, científicos e culturais.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza, deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae, e terá que ser proposta por tres académicos de número dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.

Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes: praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 1 de decembro de 2023

Manuel Quintana Martelo
Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes