DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de febreiro de 2024 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 322/2023 no expediente de reposición da legalidade COR/49/2021-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, en relación co procedemento ordinario 322/2023, interposto pola persoa con DNI 53165529V, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 30 de outubro de 2023, interposto contra outra do 15 de decembro de 2022 expediente COR/49/2021-RP1, pola que se declara que as obras consistentes nunha construción de tipoloxía residencial e a instalación dun módulo prefabricado, no lugar de Río Maior, parroquia de Lubre, no Concello de Bergondo (parcela catastral 15008A059002950000XG), non son legalizables por ser incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras e a reposición dos terreos afectados ao anterior ao inicio das obras, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a persoa con DNI 47381705A para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística