DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de obra de peche de parcela no concello de Narón (expediente DH.W15.96566).

En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: Ana Mª Peteiro Rodríguez.

DNI: 3489*****.

Expediente: DH.W15.96566.

Lugar: Prados (referencia catastral: 8810703NJ6281S0001HM).

Parroquia: Sedes (Santo Estevo).

Concello: Narón.

Descrición das obras: as obras solicitadas consisten no peche de parcela mediante dúas filas de bloques e malla metálica.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

A Coruña, 2 de febreiro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica Galicia Norte