DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Norte, polo que se somete ao trámite de información pública unha autorización de obras para vivenda, peche e piscina no concello de Bergondo (expediente DH.W15.95104).

En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: Luis Ángel Vázquez Remuiñán.

DNI: 3283*****.

Expediente: DH.W15.95104.

Lugar: Tatín (referencia catastral 2189424NH6928N0001HM).

Parroquia: Bergondo (San Salvador).

Concello: Bergondo.

Descrición: as obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda, piscina e peche de parcela.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 52 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días laborais contados a partir do seguinte á data da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar (Edificio Administrativo Monelos), A Coruña, onde estará exposto o expediente para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica Galicia Norte