DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de inspector/a da Policía Local.

Resolución nº 141/2024, do 22 de xaneiro de 2024, referente á convocatoria e ás bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de inspector/a da Policía Local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 21, do 29 de xaneiro de 2024, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, quenda de promoción interna, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira dunha praza de inspector/a do corpo da Policía Local.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 29 de xaneiro de 2024

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente