DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16416

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO da resolución de nomeamento para cubrir unha praza de auxiliar administrativo.

A Alcaldía Presidencia do Concello de Mondoñedo, o día 7 de febreiro de 2024 ditou a resolución núm. 2024-0017 que literalmente di:

«Resolución de Alcaldía.

Nomeamento para cubrir en propiedade unha (1) praza de auxiliar administrativo do concello de mondoñedo, para o posto denominado encargado/a oficina de apoio administrativo, grupo C, subgrupo C2, do cadro de persoal funcionario do Concello de Mondoñedo, acceso libre, polo sistema de concurso, correspondente á oferta de emprego público do ano 2022 (disposición adicional 6ª e disposición adicional 8ª da Lei 20/2021).

O presidente do Goberno de España, publicou no Boletín Oficial del Estado núm. 312, do 29 de decembro de 2021, a Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A Alcaldía deste concello aprobou mediante a Resolución núm. 2022-0110, do 24 de maio de 2022, a oferta extraordinaria de emprego público 2022 para a estabilización de emprego temporal, que cumpría as previsións do artigo 2 e da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicouse no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 119, do 26 de maio de 2022 e realizouse previamente a negociación colectiva na lexislación vixente.

Posteriormente, o Concello de Mondoñedo confeccionou as bases xerais que regulan, xunto coas bases específicas, o proceso selectivo excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración, convocado para o ingreso nunha praza de persoal funcionario no Concello de Mondoñedo denominada auxiliar administrativo (posto: encargado/a oficina de apoio administrativo), polo sistema de concurso, acceso libre, cota xeral, incluída na oferta de emprego público do ano 2022-taxa adicional de estabilización de emprego temporal (disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021), e publicadas no BOP de Lugo núm. 298, do 30 decembro de 2022, e corrección de erros no BOP de Lugo núm. 299, do 31 de decembro de 2022, co anuncio do extracto da convocatoria no DOG núm. 20, do 30 de xaneiro de 2023, e no BOE núm. 37, do 13 de febreiro.

Unha vez publicado no BOE o extracto da convocatoria e bases xerais e específicas, iniciouse o prazo de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación, polo que o prazo de presentación de instancias estivo aberto desde o 14 de febreiro ata o 6 de marzo de 2023 (ambos inclusive).

Esta alcaldía ditou, o día 30 de marzo de 2023, a Resolución núm. 2023-0080 a través da cal se aprobaba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ao citado proceso selectivo.

Posteriormente, esta alcaldía ditou, o día 6 de novembro de 2023, a Resolución núm. 2023-0447 a través da cal se aprobaba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ao citado proceso selectivo.

Logo de ver a acta do tribunal do proceso selectivo do 22 de novembro de 2023, en que se reflicte que a candidata María Isabel Piñeiro Requeijo, con DNI ***7696**, foi a candidata con maior puntuación, estivo exposta na sede electrónica desta entidade local (https://sedelectronica.mondonedo.gal), por un período de cinco (5) días naturais, desde o 23 de novembro ata o 27 de novembro (ambos incluídos), sen que os/as aspirantes deste proceso realizasen ningunha alegación.

Posteriormente, e tras ver o documento do 15 de xaneiro de 2024 que contiña as cualificacións definitivas, a proposta de nomeamento, a listaxe de emprego temporal e prazo de presentación de documentación, estivo aberto un prazo de cinco (5) días naturais, desde o 16 ata o 20 de xaneiro de 2023, para que a candidata proposta presentase a documentación requirida nas bases de convocatoria. Documentación que foi presentada a través da sede electrónica o día 16 de xaneiro de 2024 co número de rexistro 2024-E-RC-97.

Con base no anterior e en vista das facultades conferidas pola lexislación vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Realizar o nomeamento como funcionaria de carreira, a tempo completo, para ocupar unha (1) praza de persoal funcionario no Concello de Mondoñedo de auxiliar administrativo, posto denominado encargado/a oficina de apoio administrativo, grupo C, subgrupo C2, a María Isabel Piñeiro Requeijo, con DNI núm. ****7696**.

Segundo. Notificar a presente á interesada, publicala no Boletín Oficial da provincia de Lugo e dar traslado desta resolución aos servizos correspondentes para a súa execución e efectos.

Así o ordena e asina o alcalde presidente.

Mondoñedo, na data de sinatura

Manuel Ángel Otero Legide
Alcalde presidente

Ruth López-Mosquera García
Secretaria interventora»

Mondoñedo, 7 de febreiro de 2024

Manuel Ángel Otero Legide
Alcalde presidente