DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16582

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 19 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 7 de febreiro (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), polo que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 7 de febreiro (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria e en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo realizado o día 3 de febreiro de 2024, unha vez revisadas as reclamacións formuladas, desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de trinta (30) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 8 de xaneiro de 2024, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarán este primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións ata completar un número de 8 persoas, sempre e cando logren, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación.

En caso de empate, todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se supere o número de aspirantes antes indicado.

Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de trinta (30) puntos no exercicio. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os trinta (30) e os sesenta (60) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Realizada a corrección na sesión que tivo lugar o 19 de febreiro, acadou a puntuación mínima de 30 puntos un total de 8 persoas aspirantes no seu conxunto, e fíxase en 48,00 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1 da convocatoria, e xa que os aspirantes superaron, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50 % das respostas correctas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 3 de febreiro de 2024, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 7 de febreiro (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), no portal web da Xunta de Galicia www.funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Quinto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2024

Fernando Veiga Aguiar
Presidente do tribunal