DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16585

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas de realizar o terceiro exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevarlle esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

María del Carmen Calviño Rodríguez
Presidenta do tribunal

ANEXO

Posición

DNI

Apelidos e nome

Quenda

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Puntuación final

1

***9424**

Tobal Oubiña, Eva María

Acceso libre

31,47

44,16

Exenta

75,63

2

***1884**

Boullosa Rodríguez, Paula

Acceso libre

36,35

36,16

Exenta

72,51

3

***4488**

Amado González, Fernando

Promoción

interna

30,53

36,66

Exento

67,19

4

***2604**

Rodríguez Seoane, Brenda

Acceso libre

30,39

32,32

Exenta

62,71

5

***5615**

Quiroga Barro, Susana

Promoción interna

34,64

25,33

Exenta

59,97

6

***6278**

Pontes Lamas, Ana Isabel

Acceso libre

28,80

30,33

Exenta

59,13