DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16589

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo AP, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, polo que se dá publicidade a diversos acordos.

Mediante a Resolución do 27 de decembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 5, do 8 de xaneiro de 2024, o tribunal nomeado por Resolución do 17 de xullo de 2023 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) para cualificar este proceso selectivo, acordou publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes do exercicio da fase de oposición, outorgando un prazo para presentar alegacións de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da resolución.

Recibidas as alegacións ao respecto das puntuacións publicadas, revisouse a corrección do exercicio das peticións recibidas, na sesión do 13 de febreiro de 2024, e na mesma sesión,

ACORDOU:

Primeiro. Rectificar a Resolución deste tribunal do 27 de decembro de 2023 (DOG núm. 5, do 8 de xaneiro de 2024) no referente ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o exercicio da fase de oposición, realizado o 30 de setembro de 2023, en que acadaron a puntuación mínima de trinta (30) puntos un total de 213 persoas aspirantes no seu conxunto, fixando en 24 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1 da convocatoria.

Segundo. Publicar as puntuacións, rectificadas de acordo coa revisión feita na sesión do 13 de febreiro de 2023, obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 30 de setembro de 2023, correspondente ao exercicio da fase de oposición do proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo AP, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Cuarto. De conformidade co disposto na base V.13 da Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2024

Eva Fachado Rubio
Presidenta do tribunal