DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16591

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2024, do tribunal que cualifica o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade medicina, pola que se publican as notas do segundo exercicio.

En sesión que tivo lugar o 21 de decembro de 2023, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade medicina (DOG núm. 245, do 27 de decembro de 2022),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade medicina.

Segundo. De acordo coa base III.1.1.2 da convocatoria e os criterios de corrección publicados, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación igual ou superior aos quince (15) puntos.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2024

Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal