DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16577

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2024 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 11 de febreiro de 2011 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 16 de marzo pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 25 de febreiro),

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.

Vigo, 22 de febreiro de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada

Código RUCT: 4312439.

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Universidade da Coruña e Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

18

Prácticas externas

18

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

90

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

Bioinformática

3

Obrigatoria

Metodoloxías e Procesos

Biotecnoloxía Industrial

6

Obrigatoria

Xenómica e Proteómica

4,5

Obrigatoria

Enxeñaría Celular e Tisular

3

Obrigatoria

Enxeñaría Xenética e Transxénese

4,5

Obrigatoria

Procesos e Produtos Biotecnolóxicos

3

Obrigatoria

Técnicas de Aplicación en Biotecnoloxía

6

Obrigatoria

Aspectos Legais e Éticos en Biotecnoloxía

3

Obrigatoria

Xestión, Innovación, Emprendemento e Calidade en Bioempresas

Auditoría de Empresas Biotecnolóxicas

4,5

Obrigatoria

Xestión, Innovación e Emprendemento en Bioempresas

4,5

Obrigatoria

Análise de Alimentos, Seguridade Alimentaria e Rastrexabilidade

3

Optativa

Especialidade en: Biotecnoloxía Alimentaria e Agropecuaria

Biotecnoloxía Animal

3

Optativa

Biotecnoloxía Vexetal

3

Optativa

Biotecnoloxía Alimentaria

3

Optativa

Biotecnoloxía Aplicada ao Desenvolvemento Sostible

3

Optativa

Contaminación Ambiental

3

Optativa

Especialidade en: Biotecnoloxía Ambiental

Prevención, Xestión e Auditorías Ambientais

3

Optativa

Tecnoloxía Ambiental e Xestión da Auga

3

Optativa

Tecnoloxía Ambiental e Xestión do Solo e Aire

3

Optativa

Diagnóstico e Terapia Molecular

3

Optativa

Especialidade en: Biotecnoloxía Sanitaria

Deseño de Novos Fármacos Específicos (Farmacoloxía e Farmacoxenómica)

3

Optativa

Deseño e Produción de Vacinas e Fármacos

3

Optativa

Ferramentas Biotecnolóxicas para Análise Forense

3

Optativa

Reprodución Asistida

3

Optativa

Traballo fin de máster

12

Obrigatoria

Traballo fin de máster

Prácticas externas

18

Obrigatoria

Prácticas externas

Para a obtención do título de máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, o alumnado deberá superar os 90 créditos ECTS de que consta o máster. Para iso deberá optar por unha das tres especialidades ofertadas, cursando 15 créditos ECTS da especialidade seleccionada e 3 créditos ECTS que escollerá entre as outras especialidades.