DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16784

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos acordos do tribunal.

Na sesión que tivo lugar o 21 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a persoa aspirante que superou o segundo exercicio exenta de realizar o terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo con indicación do seu DNI (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevarlle esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que a persoa que figura nela sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Javier Domínguez González
Presidente do tribunal

ANEXO

A2 Enxeñaría técnica de minas (acceso libre)

NIF

Apelidos e nome

Quenda

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Total

***4295**

López de la Fuente, Begoña

Libre

34,02

26,17

Exento

60,19