DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16786

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 22 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, así como nos criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio establecidos por este tribunal o 21 de decembro de 2023, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos. Tal e como se establece na convocatoria, non se sumaron as cualificacións das dúas partes das que consta o terceiro exercicio se a cualificación obtida en calquera delas foi inferior a 8,75 puntos, caso en que non se considera superado o exercicio.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galicia www.xunta.gal/funcion-publica

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria (referida ao cuarto exercicio da fase de oposición), as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Non terán que presentar a documentación xustificativa da exención para a realización do cuarto exercicio, quen xa teña acreditada a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada pola Dirección Xeral da Función Pública no portal web corporativo www.xunta.gal/funcion-publica, xunto con esta resolución.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal