DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16788

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 20 de febreiro de 2024 pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais.

Mediante a Resolución do 20 de febreiro de 2024 (DOG núm. 39, do 23 de febreiro), da Dirección Xeral da Función Pública, acordouse o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais.

Modifícase a epígrafe c) do punto terceiro, punto 3, que queda redactada como segue:

«c) A persoa concursante que non teña recollido no seu expediente electrónico persoal algún período da súa experiencia profesional interna na Xunta de Galicia ou que atope erros nos seus méritos nos estados de «en trámite», «validado», «duplicado» ou «descartado», poderá presentar alegacións a través do formulario de reclamacións que está á disposición no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública na páxina https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados, que deberá cubrirse e presentarse electronicamente».

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública