DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 21 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto da instalación de almacenamento de produtos petrolíferos no porto exterior de Ferrol, promovido por Terminal de Líquidos Ferrol, S.L. (expediente SEM-E 2021/60b).

Para os efectos previstos no artigo 16, Consulta pública e participación na toma de decisións, do Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública o proxecto relacionado coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Terminal de Líquidos Ferrol, S.L (NIF: B02790269).

Domicilio social: rúa Orense, 34, 1º andar-esq., 28020 Madrid.

Denominación do proxecto: renovación terminal TLF dunha planta de almacenamento de combustibles no porto exterior de Ferrol (A Coruña).

Situación: porto exterior de Ferrol. Concello de Ferrol.

Documentación que se expón:

Proxecto de renovación terminal (visado nº T-88608, do 14.11.2023).

O que se fai público para o coñecemento xeral e para os efectos indicados, co fin de que os interesados poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas, dentro do prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG). A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, nas dependencias da casa do concello de Ferrol (A Coruña), así como no portal web da dita consellería a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-industriais

A Coruña, 21 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña