DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2023/434-1).

Expediente: IN407A 2023/434-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado nº AGAN7MKC//49-41-8-2-bis (LAMT 20 kV SIG-802 Ordes 2).

Concello: Ordes.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SIG-802 de 346,3 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 49-41-8-2 (matrícula AGAN7MKC) de formigón tipo A-AL-HV-250/13-Bóveda-6xCA e nº 49-41-8-5 (matrícula AG36R50A) metálico tipo A-AL-CH-630/11-Bóveda-6xCA, consistente en:

– Instalación, na parcela con referencia catastral 15060A509002370000LR sita na parroquia de Beán (Santa María), intercalado entre o apoio nº 49-41-8-2 (matrícula AGAN7MKC) anterior e o apoio nº 49-41-8-3 (matrícula AG78GKHW) metálico tipo A-AL-CH-630/13-CR-6xCA, dun novo apoio metálico tipo A-AL-C-1000/14-H35-6xCA(CS) que se identificará co nº 49-41-8-2-bis, en que se proxecta a instalación de forrado antiescalo e dun reconectador seccionador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) nos vans da liña SIG-802 anterior e posterior ao novo apoio nº 49-41-8-2-bis proxectado, de 79,5 e 81,5 metros de lonxitude, respectivamente.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito da liña SIG-802 de 185,2 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 49-41-8-3 (matrícula AG78GKHW) e o apoio nº 49-41-8-5 (matrícula AG36R50A) existentes.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que estimen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 2 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado nº AGAN7MKC//49-41-8-2-bis (LAMT 20 kV SIG-802 Ordes 2).

Concello de Ordes.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15060A509002370000LR

Lugar de Fonte da Viña

Novo apoio nº 49-41-8-2-bis (RCS)

2

Labor ou labradío

de secaño