DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16933

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de Meira de Arriba - Moaña

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

José Álvarez Santiago, con DNI ***7979**, como presidente da Comunidade de Augas de Meira de Arriba-Moaña, mediante este anuncio convoco á asemblea xeral ordinaria todos os usuarios da Comunidade, que terá lugar o 9 de marzo de 2024, ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda convocatoria, no colexio público Reibón, coa seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Informe do presidente.

3. Estado e aprobación das contas 2023.

4. Orzamentos 2024.

5. Revisión e suba da cota por traída nova.

6. Rogos e preguntas.

Moaña, 12 de febreiro de 2024

José Álvarez Santiago
Presidente da Comunidade de Augas
de Meira de Arriba-Moaña