DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16932

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de funcionario da escala da Administración xeral, subescala de xestión (A2), mediante acceso libre.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 24, do 2 de febreiro de 2024, publicáronse as bases íntegras do citado proceso selectivo. Igualmente, publicáronse na sede electrónica do Concello de Nigrán (https://nigran.sedelectronica.gal/board) xunto coa súa corrección de erros.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases.

Nigrán, 13 de febreiro de 2024

Juan Antonio González Pérez
Alcalde