Mediante a Resolución do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria.
Na base sétima da antedita resolución disponse que os tribunais cualificadores do concurso de méritos, serán nomeados pola autoridade convocante, e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.
O Decreto 82/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, establece no seu artigo 4.5 que nos procesos selectivos que se convoquen mediante o sistema de concurso, en execución das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, poderá designarse un mesmo órgano de selección para varias clases, respectando na súa composición os criterios sobre designación de tribunais establecidos pola lexislación de emprego público e demais normativa de selección.
A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro) establece que os procesos selectivos para a cobertura de prazas incluídas nas ofertas de emprego público aprobadas no marco dos procesos de estabilización de emprego temporal, deberán finalizar antes do 31 de decembro de 2024.
Co obxecto de dar cumprimento ao disposto nesta regulación e de conformidade coa base sétima da resolución de convocatoria, esta dirección, como órgano convocante do proceso
ACORDA:
Primeiro. En execución do artigo 4.5 do Decreto 82/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, desígnase no proceso selectivo convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 27 de decembro de 2022, un único órgano de selección para as clases de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, inspector/a médico/a e subinspector/a sanitario/a.
Segundo. De conformidade co exposto no punto primeiro desta resolución, nomear con efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo extraordinario de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas citadas clases, convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 27 de decembro de 2022 e que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2024
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Tribunal persoal sanitario da Lei 17/1989: clases de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, |
||
Presidenta titular |
Margarita Picher Núñez |
Inspectora médica |
Secretaria titular |
Laura Recacho Rivas |
Grupo técnico da función administrativa |
Vogal titular |
Antonio Vilar López |
Inspector médico |
Vogal titular |
María Fe Montero Torreiro |
Farmacéutica inspectora de Saúde Pública |
Vogal titular |
Ángel Vila Lodeiro |
Farmacéutico inspector de Saúde Pública |
Presidenta suplente |
Elvira Íñiguez Pichel |
Farmacéutica inspectora de Saúde Pública |
Secretario suplente |
Francisco Morán Losada |
Grupo técnico da función administrativa |
Vogal suplente |
José Luis Romero Miguel |
Inspector médico |
Vogal suplente |
María Isabel Benasach Rey |
Inspectora médica |
Vogal suplente |
Héctor Rodil Marzábal |
Farmacéutico inspector de Saúde Pública |