DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17348

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

A Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, dispón na base 2.1.1.1 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A dita constitución tivo lugar o día 21 de decembro de 2023.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública