DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17203

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR620C e MR620D).

missing image file

O día 26 de xaneiro de 2024, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR620C e MR620D) (DOG núm. 19).

Esta orde finánciase integramente a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

A orde configúrase en dúas liñas de axudas, a liña I (rexeneración e/ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas), que ten o seu encaixe no Investimento 3, (I3) e a liña II (xestión forestal sustentable para para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas), que se encadra no investimento 4 (I4) do compoñente 4 (C4) do Plan de recuperación, transformación e resilencia de España.

A Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, na súa reunión por procedemento escrito entre os días 23 e 31 de outubro de 2023, aprobou o Acordo polo que se modifican e actualizan determinados acordos relativos ao compoñente 4 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, froito da experiencia e necesidades xurdidas na súa aplicación, no cal acordou autorizar unha redistribución de créditos entre as actuacións do investimento 3 (I3) do compoñente 4 (C4).

Ese acordo permite incorporar 1.240.711 euros na actuación de xestión forestal sustentable de frondosas autóctonas do investimento 3 (I3) do compoñente 4 (C4), o que implica que a consignación orzamentaria da liña I (rexeneración e/ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas) sería de 1.500.689 euros, unha vez feitos os trámites e modificacións orzamentarias oportunos.

No anexo X (limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos) da citada orde, tanto para a liña I (rexeneración e/ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas) como para a liña II (xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas) establécese a obrigatoriedade de, unha vez rematados os traballos silvícolas, extraer ou triturar os restos que se obteñan como consecuencia do tratamento.

Esta condición técnica está en consonancia co establecido no artigo 38 (Extracción ou trituración da biomasa forestal residual) do Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, que establece que a realización de calquera tipo de aproveitamento madeireiro ou leñoso implicará a extracción ou a trituración da biomasa forestal residual, consonte a lexislación vixente.

Tamén está en consonancia co establecido no Referente de boas prácticas forestais (anexo II da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, modificada pola Orde do 9 de febreiro de 2021) que, no seu punto 9, establece que as persoas xestoras forestais se comprometen a cumprir coa trituración dos restos forestais ou, alternativamente, poderán retirar os restos do monte.

O criterio técnico aconsella a eliminación dos restos que se obteñan dos tratamentos silvícolas porque supoñen un risco para a aparición de pragas ou enfermidades forestais; ademais, contribúe á prevención dos incendios forestais ao eliminar o combustible do sotobosque.

Por todo o exposto, considérase adecuado engadir como actuación elixible e, polo tanto, subvencionable a eliminación, extracción ou triturado dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento, o que supón engadir e cuantificar un novo prezo unitario, para compensar o custo que supón para a persoa beneficiaria da subvención o cumprimento da lexislación vixente.

En resumo, engádese a unidade de obra de eliminación, extracción ou triturado dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento nas masas consolidadas de frondosas autóctonas, co fin de acadar unha mellor conservación destas masas e a prevención de incendios forestais.

Tamén se corrixe un erro na parte expositiva da orde, que fai referencia ao artigo 93 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que non ten en conta as últimas modificacións do texto lexislativo.

Como consecuencia desta modificación e para garantir a concorrencia competitiva, resulta preciso modificar o prazo de presentación de solicitudes establecido na convocatoria por un prazo dun mes, en consonancia co establecido no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta ampliación permite que as persoas que xa formularon solicitude no prazo transcorrido ata a modificación desta orde poidan manter ou modificar a solicitude, ou que aquelas persoas que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as novas condicións.

De conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR620C e MR620D)

A Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR620C e MR620D), queda redactada como segue:

Un. Na parte expositiva da orde corríxese un erro no parágrafo 10, que queda redactado como segue:

«As masas consolidadas de frondosas autóctonas regúlanse no artigo 93 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como masa de frondosas do anexo I da citada norma, cunha superficie de polo menos 15 hectáreas e unha idade media de polo menos vinte anos».

Dous. Modifícase o número 1-1.1. 1º do artigo 4 da referida orde, que queda redactado como segue:

«1º. A roza, a formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo, a selección de abrochos, as desmestas e a eliminación, extracción ou triturado dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento».

Tres. Modifícase o número 1-1.2 do artigo 4 da referida orde, que queda redactado como segue:

2.2. A densidade final mínima despois do tratamento será de 500 pés/ha e a máxima de 1.200 pés/ha.

Catro. Modifícase o número 1-1.3 do artigo 4 da referida orde, que queda redactado como segue:

«1.3. Poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións dos puntos 1º e 2º sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 3.340 €, sen incluír os custos de redacción de proxecto e o panel informativo».

Cinco. Modifícase o número 2-2.1 1º do artigo 4 da referida orde, que queda redactado como segue:

«1º. A roza, a formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo, a selección de abrochos, as desmestas e a eliminación, extracción ou triturado dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento».

Seis. Modifícase o número 2-2.2 do artigo 4 da referida orde, que queda redactado como segue:

2.2. A densidade final mínima despois do tratamento será de 333 pés/ha e a máxima de 500 pés/ha.

Sete. Modifícase o número 2-2.3 do artigo 4 da referida orde, que queda redactado como segue:

«1.3. Poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións dos puntos 1º e 2º sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 3.340 €, sen incluír os custos de redacción de proxecto e o panel informativo».

Oito. Engádese no artigo 6 da referida orde o punto 8, que queda redactado como segue:

«8. En todo caso, de existiren aproveitamentos madeireiros e leñosos, a persoa beneficiaria debe cumprir co estipulado no Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia».

Nove. Modifícase o número 1.a) do artigo 25 da referida orde, que queda redactado como segue:

«1. As accións previstas na liña I de esta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0 2022 00221, excepto para entidades locais, por un importe de 1.487.642,08 euros, distribuídos do seguinte xeito:

– 148.764,21 euros para o ano 2024.

– 1.338.877,87 euros para o ano 2025».

Dez. Engádese no anexo I (solicitude) na epígrafe «Tipos de actuación e datos do investimento», unha actuación, que queda redactado como segue:

Tipo de actuación (segundo o artigo 4 e anexo IX)

Actuación

Superficie total por tratamento (en hectáreas) ou unidades

Investimento
(sen IVE)

� Eliminación, extracción ou triturado de restos

Eliminación, extracción ou triturado de restos

Once. Engádese no anexo I-bis (solicitude) na epígrafe «Tipos de actuación e datos do investimento» unha actuación, que queda redactado como segue:

Tipo de actuación (segundo o artigo 4 e anexo IX)

Actuación

Superficie total por tratamento (en hectáreas) ou unidades

Investimento
(sen IVE)

� Eliminación, extracción ou triturado de restos

Eliminación, extracción ou triturado de restos

Doce. Engádese no anexo IV (documento descritivo das actuacións) na epígrafe «II. Actuacións que se van realizar» unha actuación, que queda redactado como segue:

II. Actuacións que se van realizar

� Eliminación, extracción ou triturado de restos

Trece. Engádese no anexo IV-bis (documento descritivo das actuacións) na epígrafe «II. Actuacións que se van realizar» unha actuación, que queda redactado como segue:

II. Actuacións que se van realizar

� Eliminación, extracción ou triturado de restos

Catorce. No anexo IX (valores máximos atendibles por actuación e unidades de obra) para a liña I (rexeneración e/ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que cumpran os criterios do artigo 2 e 3 do Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas salvo o requisito relativo á superficie), engádese o punto 7, que queda redactado como segue:

7. Eliminación, extracción ou triturado dos restos que se obteñan como consecuencia do tratamento en masas consolidadas de frondosas autóctonas

Concepto

Importe en €

Nº de clave

Eliminación, extracción ou triturado dos restos dos tratamentos (€/ha)

850,62

M36

Quince. No anexo IX (valores máximos atendibles por actuación e unidades de obra) para a liña II (Xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia), engádese o punto 9, que queda redactado como segue:

9. Eliminación, extracción ou triturado dos restos que se obteñan como consecuencia do tratamento en masas consolidadas de frondosas autóctonas.

Concepto

Importe en €

Nº de clave

Eliminación, extracción ou triturado dos restos dos tratamentos (€/ha)

850,62

M36

Dezaseis. No anexo X (limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos) para a liña I (rexeneración e/ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas) modifícase a primeira liña da táboa, que queda redactada como segue:

Concepto

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Unha vez rematados os traballos é obrigatoria a eliminación, extracción ou o triturado dos restos que se obteñan como consecuencia do tratamento

Dezasete. No anexo X (limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos) para a liña II (xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas) modifícase a primeira liña da táboa, que queda redactada como segue:

Concepto

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Unha vez rematados os traballos é obrigatoria a eliminación, extracción ou o triturado dos restos que se obteñan como consecuencia do tratamento

Dezaoito. No anexo XI (instrucións de remisión da información), na parte anexo XI-B (Instrucións de remisión da información do proxecto en soporte dixital e vectorial) engádese unha nova liña ao final da táboa de codificación do campo Act (unidades de obra), que queda redactada como segue:

M36

Eliminación, extracción ou triturado dos restos que se obteñan como consecuencia do tratamento

Eliminación, extracción ou triturado de restos (€/ha)

Número

Artigo 2. Ampliación de prazo

Modificase o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 11.1 da Orde do 26 de decembro de 2023 nun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Esta ampliación permite que as persoas que xa formularon solicitude no prazo transcorrido ata a modificación desta orde poidan manter ou modificar a solicitude ou que aquelas persoas que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as novas condicións.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
MR620D-G.pdf
MR620D-G.pdf
MR620D-G.pdf
MR620D-G.pdf
MR620D-G.pdf
MR620D-G.pdf
MR620D-G.pdf
MR620D-G.pdf
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file