DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17199

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 23 de outubro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

A Orde do 6 de xullo de 2023 (DOG núm. 138, do 20 de xullo), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Pola Resolución do 23 de outubro de 2023 (DOG núm. 205, do 27 de outubro), concedéronselles as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I da citada resolución.

O artigo 17 da orde de convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de decembro de 2023.

No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera das universidades do SUG, de acordo co artigo 17.5 da Orde do 6 de xullo de 2023.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias ás axudas de formación posdoutoral que se indican a seguir:

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Data de renuncia

ED481B-2023-135

UDC

Vieites

Lestón

Tania

23.10.2023

ED481B-2023-081

USC

Carballo

Fazanes

Aida

17.10.2023

ED481B-2023-067

USC

Sánchez

García

Carlos

18.10.2023

ED481B-2023-041

UVigo

Iglesias

Prado

José Ignacio

19.10.2023

Segundo. Aceptar a renuncia á lista de espera que se indica a seguir:

Nº de orde

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

1

ED481B-2023-037

UVigo

Todisco

Emanuela

Terceiro. Concederlles as axudas correspondentes ás entidades e persoas candidatas da lista de espera das universidades do SUG que se indican no anexo I.

Cuarto. Conceder as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 6 de xullo de 2023 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución.

Quinto. Declarar extinguida a lista de espera.

Sexto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades beneficiarias segundo as renuncias e as novas adxudicacións.

Univ.

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2023

2024

2025

2026

2027

Total

UDC

4

20.766,60

196.833,30

206.000,00

128.713,40

9.826,63

562.140,00

USC

23

145.366,20

1.145.166,74

1.157.500,00

695.993,80

19.653,26

3.163.680,00

UVigo

13

83.066,40

625.833,37

628.500,00

396.353,60

9.826,63

1.743.580,00

 

40

249.199,20

1.967.833,48

1.992.000,00

1.221.060,80

39.306,52

5.469.400,00

Sétimo. A data de comezo dos contratos será o 16 de marzo de 2024, cunha duración de tres (3) anos.

Oitavo. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Axudas concedidas procedentes da lista de espera

Universidade da Coruña

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolseiro Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

Nota

Datas

Zona

Datas

Zona

ED481B-2023-125

UDC

Concheiro

Moscoso

Patricia

Enxeñaría e Arquitectura

Non

1.9.2024 ao 30.4.2026

2

85,2

Universidade de Santiago de Compostela

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolseiro Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

Nota

Datas

Zona

Datas

Zona

ED481B-2023-075

USC

López

Fernández

Tamara

Artes e Humanidades

Non

1.5.2024 ao 31.12.2025

1

83,5

ED481B-2023-053

USC

Giráldez

López

Antonio

Artes e Humanidades

Non

1.6.2024 ao 31.3.2026

2

83,5

Universidade de Vigo

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolseiro Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

Nota

Datas

Zona

Datas

Zona

ED481B-2022-40

UVigo

Rey

Rodríguez

Iván

Artes e Humanidades

Non

1.5.2024 ao 30.4.2025

1

1.5.2025 ao 30.4.2026

2

85,5