DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de decreto polo que se crea e se regula o Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia.

A Consellería do Medio Rural está tramitando o proxecto de decreto polo que se crea e se regula o Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán por que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos, cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e co fin de garantir unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,

RESOLVO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de decreto polo que se crea e se regula o Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia.

Segundo. O texto do proxecto de decreto poderá consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia: Normativa en tramitación - En prazo de envío de suxestións - Portal transparencia (xunta.gal) https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as suxestións que consideren oportunas a este proxecto de decreto na seguinte ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions, ou coa presentación a través do procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica).

Así mesmo, as persoas físicas poderán presentar as súas suxestións a través dun escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Axencia Galega da Industria Forestal. Avenida Fernando de Casas Novoa, 38 (San Lázaro), 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural