Na sesión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado por Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 233, do 11 de decembro), da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), acordou, de conformidade coa base III.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio de oposición terá lugar o 18 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, nº 2-4, no polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela.
Os/as aspirantes deberán ir provistos do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2024
José Antonio Fernández Bouzas
Presidente do tribunal