Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 21383, na base II.2. Fase de concurso, alínea b), onde di:
«b) Traballo desenvolvido: outorgarase a seguinte puntuación segundo o nivel do posto de traballo que se ocupe con carácter definitivo como funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2) ou, de ser o caso, como funcionario do corpo de xestión da escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2) ou da escala de inspección turística (subgrupo A2)».
Debe dicir:
«b) Traballo desenvolvido: outorgarase a seguinte puntuación segundo o nivel do posto de traballo que se ocupe con carácter definitivo como funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2) ou, de ser o caso, como funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2)».