De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: explotación avícola de polos de engorda |
Trámite: extinción da autorización ambiental integrada |
Titular: Hermanos Quintas Pozos, S.C. |
|
Localización: Parada de Outeiro, concello de Vilar de Santos (Ourense) |
Núm. rexistro AAI: 2018-IPPC-I-36-329 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, para o que debe utilizar o seguinte o código de busca: 2018-IPPC-I-36, ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático