De acordo co disposto no artigo 54 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise pública a declaración ambiental estratéxica formulada o 21 de febreiro de 2024 sobre o Plan de xestión de residuos industriais de Galicia 2023-2030.
Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2022AAE2727).
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático