DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17458

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal técnico.

Convócase o proceso selectivo para cubrir unha (1) praza de técnico/a superior de proxecto (referencia ESPLAG-24-TSP1).

O proxecto que se vai desenvolver é o seguinte: Enabling SParse trainning of LLMs on GPUs (ESPLAG), que forma parte do proxecto Innovative Algorithms for Applications on European Exascale Supercomputers (Inno4scale), financiado pola Unión Europea dentro do programa Horizon Europe.

O prazo de presentación de solicitudes para optar a este posto será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A modalidade contractual será un contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, para a execución do proxecto financiado con fondos europeos, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular, pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021.

As bases do proceso selectivo para esta praza están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo publicaranse na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia