DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO da oferta pública de emprego para o ano 2024.

Mediante o Acordo adoptado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local que tivo lugar o 13 de febreiro de 2024, apróbase a oferta pública de emprego 2024 coa seguinte relación de prazas:

Persoal funcionario:

Cód.

Denominación do posto

Dot.

C.D.

C.E.

TP

FP

Adscrición

Titulación académica

Formación

específica

Obs.

ADM

Grupo

Escala

Subescala

1005

Auxiliar administrativo

2

18

 6.380,91 €

C

AL

C2

Administración

xeral

Auxiliar

Graduado en ESO

-

-

2102

Arquitecto técnico

1

24

10.463,11 €

C

AL

A2

Administración

especial

Técnica

Diplomado universitario

-

-

Persoal laboral:

Cód.

Denominación do posto

Dot.

F.P.

Dotación económica

Tipo de contrato

Titulación académica

Formación

específica

Observacións

6109

Tractorista

1

C

19.036,27 €

Fixo

Sen requirimento de titulación

-

-

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello do Pino, no Diario Oficial de Galicia/Boletín Oficial da provincia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que vostede poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

O Pino, 14 de febreiro de 2024

Manuel Taboada Vigo
Alcalde