DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de febreiro de 2024 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-19-24-05 e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días contado desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretenda valer e citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolucións.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de 10 días contado desde a publicación destes acordos para identificar, no caso de que non fosen vostedes, os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e, igualmente, cando se oculte información ou a facilitada 1exa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 21 febreiro de 2024

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI

denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-19-24-05

4116-FDP

PAFIF

47389527M

Estacionamento prohibido.

10.1.2024

11.23 horas

Malpica (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-43-24-01

2918-LVM

Gardapeiraos

05448023J

Estacionamento prohibido.

8.8.2023

16.55 horas

Portosín (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-40

1807-LTG

Gardapeiraos

76504022L

Estacionamento prohibido.

16.11.2023;

9.42 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-59

5368-GYH

Gardapeiraos

46489623H

Estacionamento prohibido.

17.11.2023

12.10 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-63

1985-DCG

Garda Civil

33224254H

Estacionamento prohibido.

11.11.2023

13.40 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-08-24-08

4131-JYW

Gardapeiraos

76520432F

Estacionamento prohibido

23.11.2023

17.00 horas

O Grove (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-30

6696-JHB

PAFIF

36053486C

Estacionamento prohibido

12.11.2023

12.30 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-24-06

PO-9921-BF

Policía Autonómica

35241593G

Estacionamento prohibido

9.11.2023

19.35 horas

As Corbaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-24-07

4512-BKG

Policía Autonómica

Y0808114T

Estacionamento prohibido

23.11.2023;

16.16 horas

As Corbaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €